martes, 11 de octubre de 2011

Resultados do tenis Femenino



O equipo de tenis da Universidade de Vigo non acadou alcanzar a final do Campionato de españa por equipos feminino categoria C o perder por 3-2 ante o C.Campo Villa de Madrid, disputandose o mesmo nas instalación do C.Campo Villa de Madrid sobre terra batida, unha superficie que non nos favorece. 

  O resultado foi moi xusto tendo que rematar a eliminatoria no partido de dobres e partindo cunha desventaxa notoria nos individuais, xa que o dia antes de partir a xogadora Sara Andrade, a número 1 do noso equipo, sufriu unha lesión nas costas que lle impediu realizar a viaxe ao non poder moverse.

 O encontro disputouse o domingo 9 as 10 da mañá, tengo en conta que partiamos coa perda de 1 punto na eliminatoria, as xogadoras fixeron un gran esforzo para lograr os puntos adquiridos. Adriana Lopez xogando de número 1, logrou o primeiro punto da eliminatoria para o noso equipo cun resultado de 61 - 64, polo contra oa mesmo tempo a número 3, Paula Hernando perdía o seu partido por un resultado que non coincide co partido real, xa que o encontro foi moi disputado pero os puntos definitivos caeron do lado contrario. O punto do empate dounolo a xogadora número 2, Marta Saburido, que logrou gañar por 63 - 76, nun partido moi disputado.

 No partido de dobres as nosas xogadoras fixeron todo o que puideron pero as rivais eran superiores nos dobres, perdendo o definitivo punto para gañar o encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario